Bola de queixo con granada

Ingredientes

Reladura da pel dunha lima
40 gr de améndoa crúa
150 gr de queixo cheddar en cubos
100 gr de queixo mascarpone
200 gr de queixo cremoso para untar (Philadelphia)
Un chisco de pementa moída
1 granada
Pan tostado para acompañar

Elaboración

1) Relar a pel da lima e reservar.

2) No vaso da Thermomix poñer a améndoa crúa e trocear 5 segundos en velocidade 7.

3) Forrar o internir dun bol con papel film para colocar nel a bola de queixos.

4) Engadir ao vaso os queixos: marcarpone, queixo cremoso e cheddar, a pementa e a reladura de lima. Programar 10 segundos en velocidade 4.

5) Verter a mestura no bol que temos prepardo con papel film e facer con ela unha bola.

6) Deixala reposar na neveira polo menos 20 minutos.

7) Desgranar a granada e rebozar a bola de queixo sobre as pebidas presionando un pouco para que se adiran ben á bola  de queixos.

Notas


Sacala da neveira un pouco antes de servila para que sexa máis fácil de untar.

Pódeselle botar tamén un pouco de salvia en pó na mestura se non temos lima,





Fonte

Receita orixinal: Velocidad Cuchara

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*