Ingredientes
180 g de leite
30 g levadura prensada fresca de panadería
1 ovo
100 g de manteiga a temperatura ambiente
450 g de fariña de forza
2 culleres de café de sal
200 g de chourizo vegano, queixo ou o que se use para o recheo
Elaboración en Thermomix
1) Poñer o leite no vaso e programar 1 minuto, 37 graos, velocidade 2.
2) Engadir a levadura e mesturar 10 segundos a velocidade 2.
3) Incorporar o ovo, a manteiga e a metade da fariña e mesturar 30 segundos a velocidade 6.
4) Incorporar o resto de fariña e o sal e programar 2 minutos, vaso pechado, velocidade espiga. Deixar reposar a masa no vaso ata que dobre o seu volume (1 hora máis ou menos)
5) Cando xa dobre o seu volume, abrir a tapa e baixar a masa cunha espátula e programar 1 minuto, vaso pechado, velocidade espiga.
6) Retirar a masa do vaso e volcala sobre unha superficie de traballo enfariñada. Darlle á masa forma de cilindro e cortar porcións duns 60 gramos e darlles forma de bola. Facendo bolas de 60 gr saen unhas 13 bolas máis ou menos.
7) Meter dentro de cada bola o chourizo ou o recheo que queiramos e pechar pola parte inferior.
8) Colocar os boliños nunha bandexa de forno forrada con papel de forno e deixar repousar uns 20 minutos. Mentres, prequencer o forno a 180 graos.
9) Pintar os bolos con ovo batido e metelos ao forno durante uns 15 ou 20 minutos.
Notas
O chourizo vegano pódese facer na casa ou pódese mercar en herboristerías ou na Cooperativa de consumo responsable A Xoaniña de Ferrol.
Fonte
Receita orixinal: Velocidad Cuchara
Un comentario