Bombóns “sen culpa”

O nome de bombóns “sen culpa” desta receita escoiteillo a Gabriela deVida en tu comida porque como estes bombóns non levan azucre, nin manteiga hidroxenada, nin leite graxa, nin nata… pois resultan un placer que podemos consumir case sen culpabilidade : ).

Ingredientes

Para 30 bombóns

250 g de manteiga de cacao
250 g de cacao en polvo
125 g de sirope de ágave

Elaboración

1) Preparar as cantidades correspondentes aos tres ingredientes. Para iso, derreter a manteiga de cacao (en Thermomix, 20 minutos, 37º, velocidade 3).

2) Mesturar a manteiga co cacao en pó cunha varilla ou coa Thermomix.

3) Engadir o sirope de ágave e seguir mesturando.

4) Verter a mestura en moldes de silicona e pasar e alisar a superficie.

5) Deixar arrefriar na neveira durante un mínimo de 30 minutos.

Notas

A manteiga de cacao mércoa en Chocolates Comes.

Para facer a cantidade completa desta receita, precísanse 2 moldes de silicona de 15 bombóns cada un.

Pódenselle engadir froitos secos unha vez que están metidos nos moldes os bombóns (antes de ir á neveira).

Fonte

Receita orixinal: Manual del crudivegano de Ana Moreno, páx 188.

Un comentario

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*