En fin, seguro que agora sería máis correcto chamarlle brazo de crema, pero como sei que con ese nome non o vou atopar cando queira buscar a receita… pois conservo o nome orixinal que lle tiña posto no recetario en papel.
Esta receita non é saudable nin nada parecido pero a min gustame moito porque é das primeiras que aprendín a facer e que lle gustaba moito a todo o mundo. Este ano recupereina para fin de ano e dinme conta que non a tiña neste recetario.
Así que, dentro receita.
Ingredientes
- 4 ovos
- 120 gr de azucre
- 1 culler de azucre vainillado
- 120 gr de fariña de repostería
- 1 chisco de sal Para a crema pasteleira
- 100 gr de azucre.
- 500 gr de leite enteiro.
- 40 gr de maicena.
- 3 ovos.
- 1 culler de postre de esencia de vainilla. Para a cobertura de chocolate
- 100 ml de nata para montar.
- 130 gr de chocolate para fundir (nestlé negro).
- 20 gr de manteiga.
Elaboración
- Para facer a crema pasteleira, poñer todos os ingredientes no vaso da Thermomix e programar 7 minutos a 90º en velocidade 4.
- Retirar do vaso a un bol e cubrir con film. Meter na neveira para que enfríe.
- Mentres enfría a crema, preparar o bicoito. Prequencer o forno a 180º.
- Colocar a mariposa nas coitelas e agregar ao vaso os ovos, o azucre e o azucre vainillado. Bater 6 minutos a 37º e velocidade 4.
- Cando remate o tempo, volver batir 6 minutos en velocidade 4.
- Engadir a fariña e o sal ao redor da mariposa e mesturar 4 segundos en velocidade 3. Retirar a mariposa e rematar de envolver a mestura coa espátula.
- Colocar un papel de forno sobre unha bandexa de forno e estender a mestura con forma rectangular e meter no forno durante 10 minutos a 180º.
- Preparar un pano espolvorexado con azucre e colocar nel o biscoito quente e formar un rolo para darlle forma. Deixar uns 30 segundos e despois desenrrollar e rechear coa crema pasteleira.
- Cando xa esté frío, cubrir o brazo con cobertura de chocolate que se fai quentando a nata, e cando estea fervendo, retirar do lume e engadir o chocolate e a manteiga. Mesturar todo ben ata que quede cremoso e verter por riba do biscoito.
Recomendacións
- Se a cobertura queda moi espesa, podese volver poñer ao lume un pouco ou agregarlle unha culler sopeira de auga para facela máis líquida.
- Para decorar uso améndoas que tosto na casa e que lle poño por riba e tamén un pouco de chocolate branco derretido.
- Por dentro podese rechear tamén cun pouco da crema de chocolate e tamén emborrachar o biscoito con algún licor ou con almibar para que se conserve mellor dun día para outro.
Receita orixinal: Receita da casa que xa non sei onde se orixinou.