Ingredientes
Ramilletes de brócoli lavados (a cantidade que se queira)
Varias patacas
2 ovos
Aceite de oliva
Pementón doce
Elaboración
1) Poñer no vaso 500 gr de auga e quentala programando 6 minutos, Varoma, velocidade 1.
2) Pasados os 6 minutos abrir o vaso e meter o cestillo dentro cos dous ovos.
3) Pechar o vaso e sobre a tapa colocar o varoma. No primeiro piso colocar os ramilletes de brócoli en anaquiños e no segundo colocar as patacas peladas e en toros.
4) Tapar o varoma coa tapa transparente e programar 20-25 minutos, temperatura varoma, velocidade 1.
5) Unha vez estea todo cocido, colocar as patacas nun prato, por riba poñer o brócoli e por riba os ovos picados. Regar cun fio de aceite, espolvorexar con pementón doce e sal.
Notas
Con 20 minutos é suficiente para que o brócoli quede ao dente. Se se quere moi pasado deixalo os 25 minutos.
Fonte
Receita orixinal: Velocidad cuchara.