Buñuelos de cabaza

Buñuelos

A pasada semana tiven un evento no que me ofrecín a cociñar algo con cabaza. Optei polos buñuelos porque son de bocado e parecíame que así ía ser máis fácil para que todo mundo puidese probar un.

Quedaron moi esponxosos e estaban bos. Fixen dúas versións, unha o día antes e outra o mesmo día. A verdade é que había bastante diferencia en sabor entre os do día anterior e os frescos. Paga a pena facelos no mesmo día.

Compartovos a receita por se os queredes facer.

Ingredientes

  • 250 gr de cabaza cocida ou asada
  • 200 gr de fariña todo uso
  • 2 ovos L
  • 50 gr de azucre
  • 10 gr de levadura Royal
  • Reladura de laranxa
  • 1 culler de postre de canela en pó

Elaboración

  1. Pisar ben a cabaza ata que sexa un puré e reservar.
  2. Nun bol bater o ovo e agregarlle a fariña, o azucre, a levadura, a reladura de laranxa e a canela. Mesturar moi ben.
  3. Incorporar a cabaza reservada e integrar ben.
  4. Poñer unha tixola a lume medio (de 1 a 9, no 6). Logo ir formando boliñas con dúas culleres de postre para ir vertendo a masa na tixola.
  5. Escoar nun papel de cociña e cando arrefríen un pouco, reboazalos en azucre con canela.
Recomendacións
  • A textura da masa é branda, que se desparrama un pouco. Non esperes poder facer bolas como se se tratase dunha masa dura. Simplemente deixa que a masiña escurra no aceite e logo ela xa vai collendo a forma redonda.
  • Para min o tamaño ideal é o que queda usando as culleres de postre. Usei tamén culleres sopeiras e non me convenceu nada o resultado porque quedaron demasiado grandes.
  • Con esta masa saen aproximadamente 40 buñuelos.
Receita orixinal: Anna Recetas Fáciles
Tamaño buñuelos
Detalle para que vexas o tamaño que tiñan os buñuelos.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*