Caldo galego vexetariano


 Si, xa sei que esta entrada vai levantar ampoias porque xa ides saír co de que o caldo sen unto non é caldo, que o chourizo é un básico, etc. Xa o sei. Non fai falla que mo digades pero dalgún xeito lle teño que chamar a este “caldo” para enterarme cando busque a receita. Así que, queda bautizado como caldo galego vexetariano e así zanaxamos a polémica e non menospreciamos o caldo orixinal de todas as nosas avoas ;). Aquí só propoño unha alternativa para os que coma min sodes vexetarianos ou para os que tedes o colesterol alto (papi iso vai por ti) e queredes seguir desfrutando do caldiño pero sen pasarvos de graxas.

Ahí vai a receita. 

Ingredientes

1 litro e 200 gr de auga
300 gr de grelos en anacos pequenos
500 gr de patacas
60 gr de aceite de oliva virxe
1 culler de postre colmada de sal
400 gr de fabas cocidas
Opcional: chourizo vegano feito na casa ou mercado

Elaboración

1) Poñer a auga na Thermomix e programar 10 minutos , 100 graos, velocidade 1 para facer fever a auga.

2) Engadir os grelos, as patacas en anacos, o aceite a sal, e programar 35 minutos, 100 graos, xiro á esquerda e velocidade cuchara.

3) Agregar o chourizo vegano se se quere, as fabas xa cocidas e programar 5 minutos á mesma temperatura e velocidade.

Notas

Podese facer tamén con garabanzos en lugar de fabas (na foto usei garabanzos porque non me quedaban fabas).

Tamén se pode facer con espinacas ou acelgas.

Se se lle quere dar algo máis de sabor, pódese empregar medio litro de caldo de verduras e o resto de auga, en lugar de usar todo auga.

Na receita orixinal, os 60 gr de aceite e a culler de postre de sal, reemplázanos por un trozo de unto, 150 gr de lacón en anacos e 100 gr de chourizo.

Fonte

Receita orixinal: nun taller de Thermomix déronnos a receita normal do caldo e eu adapteina para facela vexetal.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*