Champis portobello en salsa


 
Ingredientes

500 gr de champis Portbello
1/2 vaso de viño branco
1/2 vaso de auga
4 culleres sopeiras de aceite de oliva
2 dentes de allo
1 guindilla
perexil picado
1 culler sopeira de fariña

Elaboración

1)  Limpar os champis e cortalos pola metade.

2) Poñer nunha tixola o aceite e engadir o allo picado. Cando se comece a dorar engadir a guindilla e os champis e refogar durante un minuto.

3) Engadir a fariña e mesturar ben, agregar o viño branco e a auga. Sazonar ao gusto e cociñar durante 20 minutos a lume medio. No caso de que se queden sen salsa, engadir un pouco de auga.

4) Pasados os 20 minutos, retirar do lume, espolvorexar con perexil picado, mesturar ben e servir.

Notas


Vailles moi ben un acompañamento de arroz, aínda que están moi bos tamén sos.


Fonte

Receita orixinal: Las recetas del abuelo

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*