Chop Suey vexetal

Ingredientes

100 gr de arroz basmati
150 ml de auga
anís estrelado (2) e cardamomo (2)
Cabaciño
Cebola
Cenoria
Pemento
Allo
Xenxibre fresco ou en pó ao gusto.
Salsa de soia

Elaboración

1) Pasar por auga varias veces o arroz para quitarlle o exceso de almidón e escoalo ben. Poñelo nun cazo e salpimentalo.

2) Engadirlle cardamomo (aberto) e anís estrelado. Engadir a auga e levar a ebullición. Cando comece e ferver, contar 10 minutos. Pasado ese tempo, retirar o cardamomo e o anís.

3) Cortar en tiras todas as verduras en tiras e poñelas na tixola cun chisco de aceite.

4) Engadir o xenxibre pelado e picado e un par de dentes de allo  picados e remover.

5) Engadir a salsa de soia (cantidade ao gusto). Reservar.

6) Facer unha tortilla francesa cun ovo e cun chisco de auga. Cortala en tiras.

7) Emplatar  colocando o arroz, as verduras por riba e a tortilla nun lateral e espolvorexar con pimentón.

Notas 

Non pasarse co xenxibre  porqeu senón da un toque a colonia…

Fonte

Receita orixinal: El cocinero fiel

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*