200 gr de fariña de forza
1/2 culler de postre de sal
1 culler de postre de levadura en pó (Royal)
320 ml de auga
Aceite de oliva para fritir os churros
Elaboración
1) Poñer un plato sobre a Thermomix e pesar a fariña. Incorporarlle o sal e a levadura e reservar.
2) No vaso da Thermomix poñer a auga e programar 4 minutos, 100º, velocidade 1. (Comprobar que ferva a auga).
3) Incorporar a fariña de golpe e amasar programando 15 segundos, velocidade 2.
4) Retirar a masa do vaso e deixala arrefriar un pouco.
5) Amasar sobre a superficie de traballo e encher a churreira coa masa.
6) Pechar a churreira coa boquilla de asterisco e comezar a formar os churros.
7) Unha vez formadas as tiras de churros, cortar para darlle a cada churro o tamaño desexado.
8) Fritir na fritidora ou na tixola con abundante aceite ben quente.
9) Escoar e poñer os churros nun plato con papel absorvente.
10 ) Espolvorexar con azucre branco.
Notas
Pódense conxxelar e quedan moi ricos tamén. Para conxelalos, poñelos no conxelador separados nunha bandexa. Cando xa estean conxelados, pódense meter nunha mesama bolsa e xa non se pegarán.
Cando se vaian a consumir, meteles 30 segundos no microondas para que se desconxelen e así quedarán cruxintes.
Pódense recubrir tamén con fíos de chocolate ou bañalos en chocolate de cobertura.
Fonte
Receita orixinal: El blog de Debora