Coca de champiñóns




Ingredientes

50 gr de aceite
50 gr de manteiga
100 gr de auga
300 gr de fariña de forza
6 gr de levadura de panadería seca
1 culler de postre de sal
 pementa negra ao gusto
400 gr de champiñóns
Media cabaciña (calabacín)
Ourego ou albahaca
2 ovos

Elaboración

1) Prequencer o forno a 200º con calor arriba e abaixo.

2) Poñer no vaso o aceite, a manteiga e a auga e programar 1 minuto, temperatura 37º, velocidade 2.

3) Incorporar a fariña mesturada coa levadura e despois engadir o sal e programar 20 segundos, velocidade 6.

4) Poñer a masa nunha bandexa de forno forrada con papel de forno e estirala ata facela bastante finiña e deixarlle un pequeno borde.

5) Nun bol bater 2 ovos cun pouco de pementa negra e sal ao gusto.

6) Incorporar ao bol os champiñóns laminados e a cabaciña relada fina. Mesturar ben todo.

7) Volcar sobre a masao contido do bol, distribuír uniformemente e espolvorexar cun pouco de ourego ou albahaca.

Notas

Esta receita toma como base a de Velocidad Cuchara pero está bastante modificada. Na receita orixinal facíase con manteiga de porco e o recheo era de cebola en lugar de champiñóns.

Fonte

Receita orixinal: Velocidad Cuchara

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*