Col lombarda macerada


Por aquí sigo gozando do que me ensinan no curso Cocinar más sano que estou facendo online. Esta semana estamos co tema de introducir novas receitas de verduras crúas no noso menú semanal, así que me lancei con esta preparación de col lombarda completamente crudiña.

Prepárase en menos de 5 minutos e o tempo para deixala macerar non é máis que media hora.

Vaivos sorprender o sabor, que non queda para nada forte.  E para os máis reticentes xa vos avanzo que non da nada de gases ;).

Ingredientes

  • 1/2  col lombarda
  • 1 culler sopeira de aceite de oliva
  • 1/2 culler de sal mariña
  • 2 culleres sopeiras de sirope de ágave
  • 1 e 1/2 culler de vinagre de mazá
  • 1 culler sopeira de pasas

Elaboración

  1. Cun coitelo, coa mandolina ou coa thermomix, picar a col moi fina e colocala nun bol.
  2. Engadir o sal e masaxear a lombarda durante 5 minutos para que solte auga.
  3. Engadir o resto de ingredientes e masaxear un pouco máis.
  4. Deixar repousar entre 30 minutos e 1 hora antes de servir.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Se de verdade queredes probar novas receitas, anímovos a que vos apuntedes a este curso online porque facer os deberes é o máis placenteiro do mundo, ummmm que rico todo!
  • Esta ensalada queda moi rica acompañando un seitán rebozado, por exemplo.[/box]
[box type=”info”]Receita orixinal:  Curso Comer más sano[/box]

 

 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*