Coliflor oriental

Trouxen unhas coliflores da horta do meu amigo Kike e tíñalles que buscar utilidade, así que atopei esta receita que se sae un pouco do habitual.

Ingredientes

1kl de coliflor en ramilletes
30 gr de aceite de oliva
50 gr de cebola
3 dentes de allo
un chisco de canela moída
1/2 culler de postre de curry
1/2 culler de postre de pementón doce
zume de 1/2 limón
200 gr de leite evaporada
110 gr de tomate solís
perexil picado
200 gr de auga
1 pastilla de caldo vexetal
queixo para gratinar (opcional)

Elaboración

1) Cortar a coliflor en pequenos ramilletes e colocala na varoma. Reservar.

2) No vaso, poñer a cebola e o allo e trocear 2 segundos a velocidade 5. Engadir o aceite e sofritir 6 minutos, varoma, velocidade 2.

3) Agregar a canela, o curry, o pementón doce, o zume de limón, o leite evaporado, o tomate, o perexil, a auga e a pastilla de caldo. Colocar o varoma na súa posición e programar 25 minutos, varoma, velocidade 2.

4) Pasar a unha fonte e, se se quere, meter no forno a gratinar cun pouco de queixo ou levadura de cervexa por riba.

Notas

Na receita orixinal usaban tomate triturado en lugar de Solís.

Observación: penso que se pode prescindir da pastilla de calso e qeuda ben igual.

Como non tiña curry boteille especias da India que quedan ben igual. 

Moi rico para acompañar cun cuscús.

Fonte

Receita orixinal: La Juani de Ana Sevilla

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*