Crackers de cheddar

Sempre ando á procura de pequenos snacks que se fagan rapidiño e que teñan unha boa concentración de sabor. Así que cando atopei estes crackers de Pro Home Cooks, lanceime dereitiña de cabeza.

Importante: non vos ansiedes coma min e deixade que se tosten ben para que queden cruxintes. Paga a pena que se tosten un chico de máis polos bordos, porque logo aguantan máis tempo cruxintes.

Ingredientes

  • 1 taza de queixo cheddar.
  • 1/2 taza de fariña de améndoa.
  • 1/4 de taza de maicena.
  • 1/2 culler de postre de pementa negra.
  • 1/4 de culler de postre de sal.

Elaboración

  1. Prequencer o forno a 150 graos.
  2. Na Thermomix triturar o queixo ata que quede grumoso e engadirlle a maicena e a fariña de améndoas xunto coa pementa e o sal.
  3. Triturar todo e engadir pouco a pouco auga para facilitar qeu se cree unha masa manexable.
  4. Volcar a mestura na encimeira sobre papel de forno. Cubrir con outro papel de forno e estirar cun rolo ata deixar bastante finiño (1 cm ou así).
  5. Cortar a masa en cadrados e meter no forno 15 minutos.
  6. Pasado ese tempo, retirar, romper en cadrados e volver metelos no forno outros 5 minutos para que se tosten ben os bordos.
Recomendacións
  • Consérvanse ben unha semana en bote de cristal.
  • Podes mesturar varios queixos como emmental ou cheddar branco.
  • Se che gusta o picante podeslle engadir pementón picante.
  • Cun palillo chino fíxennlles unhas fendiduras no medio para que tivesen ese aspecto pero non son necesarias.
Receita orixinal: Pro Home Cooks

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*