Crema de améndoas


Xa sabedes que Basi regaloume polo meu cumpre un curso de cociña saudable online. Tamén sabedes que me encantou e que xa teño posto o ollo no seguinte :).

O caso é que, dese curso, saquei esta receita para facer cremas de froitos secos caseiras. Non sabía que era tan sinxelo e o resultado: impresionante.

Ingredientes

  • 500 gr de améndoas

Elaboración

  1. Na Thermomix poñer as améndoas crudas e triturar 1 minuto a velocidade 10.
  2. Deixar reposar durante 1 hora.
  3. Repetir o proceso de triturar durante 1 minuto a velocidade 10.
  4. Repetir o triturado cada hora durante 5 ou 6 veces, ata que se vexa como se separa o aceite das améndoas. Ten que quedar a textura dunha crema de untar bastante líquida.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Esta misma técnica sirve para facer mantecas de calquera froito seco.
  • Eu fixen de améndoas e de avelás e quedaron estupendas.
  • Gárdanse durante moito tempo nun frasco na neveira.
  • Pódese comer nunha tostada poñéndolle un chisco de mel por riba. Ou tamén se poden usar para facer “nocilla” caseira, agregando cacao, dátiles/sirope/mel e fariña de algarroba.[/box]
[box type=”info”]Receita orixinal:  Curso Comer más sano[/box]

2 Comments