Ingredientes
1 culler sopeira de aceite de oliva
3 chalotas (ou no seu defecto unha cebola mediana)
1 dente de allo
400 gr de cenoria
1 anaco de xenxibre fresco como o polgar, ou xexibre en pó
350 ml de caldo de verduras
200 ml de leite de coco
Pementa e sal ao gusto
Elaboración
1) Pelar e relar a cenroia e o xenxibre. Botar nunha pota, salpimentar ao gusto e deixar pochar removendo de cando en cando durante 10 minutos.
2) Cando se vexa branda a cenoria, incorporar o caldo de verduras e o leite de coco. Remover e deixar cocer a lume suave durante 5
minutos.
3) Apartar do lume e triturar ben coa batedora de man. Corrixir
de sal, se procede, volver a quentar e servir.
Notas
Pódeselle botar un pouco de cebolín por riba.
Fonte
Receita orixinal: Vegetal y tal.