Croquetas de garabanzos e cenoria


 
Ingredientes

Para 18 croquetas

3-4 tiras de pel de limón (sen a parte branca)
200 gr de cenoria en toros
1 dente de allo
5-6 ramiñas de perexil fresco
400 gr de garabanzos cocidos (aclarados e escoados se son de bote)
1 culler de postre de comino moído
1 culler de postre de curry
1/2 culler de postre de levadura Royal
1/2 culler de postre de sal
1 chisco de pementa negra
2 ovos batidos
100 gr de pan relado
300 gr de aceite de oliva para fritir

Elaboración

1) Poñer no vaso da Thermomix o arro e a pel de limón e pulverizar 20 segundos a velocidade 10.

2) Agregar a cenoria, o allo e o perexil e trocear 5 segundos a velocidade 5.

3) Incorporar os garabanzos, o comino, o curry, a levadura, a sal e a pementa. Triturar todo 20 segundos a velocidade 6.

4) Coa espátula, baixar os restos cara ao fondo do vaso e triturar de novo 10 segundos a velocidade 6.

5) Retirar a masa do vaso e formar con ela croquetas. Pasalas polo ovo batido e despois por pan relado.

6) Fritilas en aceite ben quente e deixalas escoar sobre papel de cociña.

Notas

Quedan xeniais co pan relado extracruxinte Frumen . A min recomendoumo a miña amiga Marta para rebozar croquetas e é certo que quedan moito mellor. Eu merqueino no Mercadona.

Consérvanse ben dun día para outro.

Pódense conxelar. Tamén se pode facer a masa un día, deixar na neveira e ao día seguinte facer as croquetas, rebozalas e fritilas.

Fonte

Receita orixinal: Revista número 77 de Thermomix

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*