Aquí deixo outra receita doutro blog que atopei e do cal son xa fiel seguidora: Ela Vegan. Ten unhas cousas xenias, sinxelas de facer e moi saudables se nos queremos dar un día un capricho doce.
Agora que estamos na tempada das fresas, apetece moito unha receitiña deste tipo. Así que, aquí queda.
Ingredientes
Para a masa- 205 gr de copos de avea finos
- 120 gr de fariña de améndoa
- 90 gr de fariña de avea
- 80 gr de plátano esmagado
- 80 de sirope de ágave ou de arce
- 60 gr de leite de coco
- 2 culleres de postre de levadura Royal
Para o recheo de fresa
- 450 gr de fresas
- 105 gr de sirope de ágave ou arce
- 2-3 culleres de postre de zume de lima ou de limón
- 5 culleres de postre de sementes de chía
- 3 culleres de postre de maicena
Elaboración
- Poñer nunha tixola todos os ingredientes do recheo e levar a ebullición. Deixar que vaia espesando durante uns 5 ou 10 minutos removendo de cando en cando para que non se pegue.
- Nun bol mesturar todos os ingredientes da masa (coas mans ou mesmo coa Thermomix).
- Nunha fonte para forno previamente engrasada, colocar 2/3 da masa e colocarlle por riba o recheo de fresas.
- O resto da masa colocalo por riba en forma de “crumble”, como se fosen pegotes do tamaño dun cacahuete.
- Cocer no forno prequencido a 180 graos durante 20-25 minutos.
- O leite de coco que usei é o que venden no Gadis que ven nunha lata e ten bastante cremosidade.
- Antes de tomalo, é mellor deixalo repousar un pouco fora do forno. Aguante ben de un día para outro.
- Pódese facer con recheos de outras froitas como mazá/canela ou de pera.
Aquí vos comparto un par de fotos máis para que vexades o molde que usei.