Tiña que facer unhas prácticas para festexar o Samaín (ou o Halloween, según lle pete a uns ou a outros) e decanteime por estas galletiñas de manteiga de aspecto asqueroso pero de sabor delicioso.
Fáciles e rápidos de facer, estes dedos amputados de halloween/Samaín son terroríficos! Prometo que pasaredes un bo rato en familia ou con amigos decorando cada membro amputado.
Dentro receita.
Ingredientes
- 1 ovo
- 2 ovos
- 50 gr de azucre glass
- 100 gr de azucre blanquilla
- 1 culler de postre de vainilla líquida
- 300 gr de fariña de repostería
- 100 gr de manteiga a temperatura ambiente
- Améndoas para decorar os dedos (saen uns 20)
Elaboración
- No vaso da Thermomix poñer a manteiga, os dous tipos de azucre, a fariña, a vainilla líquida e o sal e programar 1 minuto, 37 graos, velocidade 3 e medio.
- Nun bol bater un ovo e a clara do outro e agregalos ao vaso polo bocal e mesturar uns 40 segundos en velocidade 3.
- Sacar a masa, darlle forma de bola e deixala repousar na neveira durante 30 minutos envolta en film. Prequencer o forno a 180 graos.
- Pasados os 30 minutos, coller a masa e formar 20 rulos. Colocar unha améndoa na punta de cada un presionando lixeiramente para recrear a forma dunha unlla. Logo pintar coa xema de ovo sobrante lixeiramente e facer cortes horizontais á altura dos nudillos para simular as falanxes do dedo.
- Meter no forno uns 15 minutos.
- Unha vez fríos, pódense decorar con marmelada de framboesa ou con colorante vermello en xel.
- Eu usei colorante vermello en xel sen diluir da marca Wilton.
- Os rulos deben ser máis ben finos porque no forno tende a anchear un pouco.
- Podese facer a forma do dedo, presionando o lateral de cada rulo para facer a forma dun dedo índice.