Ensalada de lentellas e Heura

Ensalada de lentellas e Heura

Aquí estamos en plan inglés: que sae un raio de sol e xa nos poñemos en modo “pleno agosto”. E claro, pasar pola praia pide xa comidiñas de verán, así que hoxe abandonei as berzas por un rato e dinlle á ensalada de lentellas fría, que refresca, alimenta e aínda por riba está ben rica.

Se necesitas algunha idea de ensalada diferente e que aguante ben ir no tupper, esta é a túa.

Ahí vola comparto!

Ingredientes

  • 400 gr de lentellas cocidas
  • 1 tazón de almorzo de Heura
  • 4 tallos de cebollino
  • 1 mazá
  • 2 culleres sopeiras de alcaparras
  • 2 tomates
  • 2 culleres sopeiras de pipas de xirasol
  • Aceite de oliva
  • 2 culleres sopeiras de salsa de soia
  • Unha culler sopeira de zume de limón
  • Un chisco de sal

Elaboración

  1. Pelar a mazá en lonchas finas ou en tacos pequenos. Meter nun bol e cubrir con aceite de oliva para deixar macerar.
  2. Nunha tixola dourar o Heura e retirar para deixar atemperar antes de agregalo á ensalada.
  3. Noutro bol, agregar as lentellas xa cocidas, o tomate cortado en anacos, as culleres de alcaparras e as pipas. Agregarlle as mazás e un pouco do aceite da maceración e por último incorporar os anacos de Heura. Mesturar todo ben.
  4. Para o aliño bater nunha cunca catro culleres sopeiras de aceite de oliva (do aceito no que deixamos macerar as mazás), o zume de limón, a salsa de soia, o cebollino e un chisco de sal e regar a ensalada.
Recomendacións
  • As pipas poden ser tanto de xirasol como de cabaza. Queda igual de ben.
  • Na receita orixinal que eu tiña, agregábanlle tamén uns 80 gr de tacos de queixo de cabra semicurado, por se che da por querer engadirlle queixo.
  • Vai moi ben como prato frío para comer nos días calorosos do verán (os que o pilledes, porque por estos lares, calor, calor…)
Receita orixinal: receita adaptada dunha revista de cociña fácil de Lecturas do ano da polca. Zero waste, aquí damoslle nova vida ata as receitas máis vellas 🙂 .

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*