Fai xa un tempo que merco regularmente a revista Slowly Veggie porque trae un montón de ideas vexetas e veganas que son moi inspiradoras. Normalmente non faigo cas ningunha porque moitas levan ingredientes un pouco difíciles de atopar nun pobo, pero encántame a súa estética e o coidado que poñen no estilismo de cada prato.
Pero hoxe localicei unha que era facible facer, así que con miña nai e mina tía na cociña lanzámonos a esta ensaladiña de verán.
Velaquí a receita.
Ingredientes
- 500 gr de patacas
- Sal grosa
- 4 culleres sopeiras de zume de uva negra ou mosto
- 3 culleres sopeiras de vinagre de viño tinto
- 1 culler sopeira de sirope de ágave
- 5 culleres sopeiras de aceite de oliva
- 4 tomates deshidratados en aceite
- 1 ramiña de perexil
- 1 ramiña de menta
- 1 cebola morada
- Pementa negra, un chisco
- 2 pementos vermellos
- 4 culleres sopeiras de aceitunas
- 3 culleres sopeiras de noces
- Unhas follas de alfábega
Elaboración
- Ferver as patacas con pel uns 20 minutos e deixar arrefriar. Pasalas por auga fría, pelalas e cortalas en toros.
- Mesturar o zume, o vinagre, o sirope e o aceite de oliva para facer unha vinagreta.
- Picar ben finos os tomates deshidratados e a cebola en tiras; picar a menta e o perexil e engadir todo á vinagreta. Salpimentar.
- Cortar o pemento en toros finos.
- Lavar as aceitunas e picar as noces en anacos grandes.
- NUnha fonte, colocar as patacas e sobre delas poñer o pemento e as aceitunas. Regar coa vinagreta e espolvorexar cunhas folliñas de alfábega e coas noces.
- Vai ben tanto con noces pecanas como con noces de california.
- Queda mellor con aceitrunas negras que coas verdes.
- O tomate, se está seco, hai que rehidratalo en auga quente durante unha media hora.