Entrante de espinacas e alcachofas

Tartaletas de alcachofa

Xa vai aló o nadal e con él todo canto exceso culinario se pode un permitir. Así que hoxe, rescato un dos entrantes para vexetas que foi máis aplaudido: unhas tartaletas de espinacas con alcachofas de bote.

Se vos entra polo ollo, aquí tendes a receita.

Ingredientes

  • 125 gr de espinacas frescas
  • 20 gr de aceite de oliva
  • 130 gr de corazóns de alcachofa en conserva e ben escoados
  • 150 gr de queixo cremoso tipo Philadelphia
  • 60 gr de queixo emmental ou cheddar relado
  • 1/2 culler de postre de allo en pó
  • Un chisco de pementa negra moída
  • 12 volováns grandes como os da foto ou 24 pequenos
  • Cebolín picado para decorar por riba

Elaboración

  1. Na Thermomix poñer as espinacas e o aceite e trocear 10 segundos/velocidade 4. Baixar ben os restos cara o fondo e sofretir 3 minutos/120 graos /velocidade 1.
  2. Engadir as alcachofas, o queixo crema, o queixo emmental/cheddar, o allo en pó, a sal e a pementa e mesturar todo 20 segundo/velocidade 3.
  3. Encher cada volován e esparexer un pouco de cebolín por riba de cada un.
Recomendacións
  • Eu escollería volováns pequenos porque cando son 12 a verdade é que como entrante é bastante cantidade por persoa. Mellor un bocado máis pequeno.
  • Está igual de bo frío, así que pódese preparar con antelación e telos xa listos para cando cheguen os convidados.
  • A min gustoume máis con queixo cheddar peor tamén se pode probar con outros queixos máis salgados como o parmesano. /li>

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*