Espagueti tricolor crús


 
Ingredientes

1 Calabacín
2 Cenorias
1 par de tiras de alga Kombu
zume de limón
sal
Aguacate
Salsa de tomate crudivegana
Parmesano vegano

Elaboración

1) Cortar a alga Kombu en cintas o máis finiñas que se poda e metelas nun vaso con auga. Sacarlle a auga do vaso e volverlla a poñer catro ou cinco veces, sen deixar que se empapen moito. 

2) Cun pelador ou cun “spirulizer”facer cintas imitando os spagueti co calabacín e coa cenoria. Se o calabacín é suave, non fai falla quitarlle a pel, pero se se ve que pode amargar, é mellor quitarlla.

3) Nun bol mesturar as tiras de calabacín e cenoria coas tiras de alga kombu e poñerlle por riba un chorro de limón e unha pizca de sal. Mesturar todo ben.

4) Cun quitabolas, facer unhas boliñas de agucate para decorar o prato.

5) Poñer a salsa por riba e espolvorexar co parmesano vegano.

Notas

Están moi bos e a pesar do que poda parecer, enche moito este prato.

Fonte

Receita orixinal: Dimensión Vegana

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*