Ingredientes
Para 6 racións
500 g de espinacas conxeladas (previamente desconxeladas)
1-2 dentes de allo
50 g de aceite
1/2 cullerada de café de sal
50 g de fariña
500 g de leite vexetal (soia, avea, etc.)
30 g de margarina vexetal non hidroxenada
1 chisco de pementa
1 ovo por ración
50 g de queixo relado
Elaboración
1) Desconxelar as espinacas e quitarlles ben o líquido.
2) Poñer os allos no vaso e trocear 5 segundo, velocidade 7. Cando remate o tempo, baixar os restos dos laterais cara ao centro do vaso.
3) Agregar o aceite e sofreír 5 minutos, varoma, velocidade 2.
4) Incorporar as espinacas e o sal. Programar 5 minutos, varoma, xiro á esquerda, velocidade cuchara.
5) Prequencer o forno a 200 graos.
6) Engadir a fariña ao vaso e programar 1 minutos, 100 graos, velocidade 2.
7) Engadir o leite, a manteiga, a noz moscada e a pementa. Programar 7 minutos a 100 graos en velocidade 2.
8) Verter a mestura nunhas cazolas de barro e poñer un ovo en cada ración. Despois cubrir con queixo relado e ter no forno 10 minutos ata que calle o ovo e quede o queixo tostado.
Notas
Este plato ten lixeiras alteracións en relación co plato orixinal, xa que o orixinal er ademasiado salado para nós.
Este plato pódese facer tamén coa mestura de espinacas e acelgas. Queda un pouco máis suave.
Eu reemplacei o leite de vaca da receita orixinal por leite vexetal. E tamén cambiei a manteiga por manteiga vexetal.
Fonte
Receita orixinal: Recetario Thermomix