Fabas ao estilo grego

Esta receita está sacada dun blog de receitas vexetarianas estupendo. Anímovos a todos a consultalo porque non ten desperdicio. Chámase Vegetal y tal

Ingredientes

400 g de fabas brancas cocidas (poden ser de bote)
1 cebola tenra
2 dentes de allo
1 guindilla fresca
2 culeradas sopeiras de tomate frito
2 ramiñas de menta fresca
12 aceitunas negras (sen óso).
100 g de queixo feta
Aceite de oliva e sal


Elaboración

1) Limpar e picar a cebola tenra e os dentes de allo. Saltear nunha tixola cun par de culleradas de aceite.

2) Engadir as fabas cocidas e saltear un pouco, xunto coa guindilla cortada en xuliana e as aceitunas cortadas en toros.

3) Cando as fabas comecen a tostarse, agregar o tomate fritido e as follas de menta fresca

4) Salar un pouco e retirar do lume. Deixar que arrefríe. Emplatar e espolvorexar por riba co queixo feta en migas.

Notas

Ollo co sal porque o queixo feta xa é bastante salgado de por si.

Fonte

Receita orixinal:  Vegetal y tal

Un comentario

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*