Ingredientes
(para 2 persoas)
1 bote de fabas en conserva
1/2 calabacín
1 cebolleta
1 porro
2 culleres sopeiras de salsa de tomate
auga
4 culleres sopeiras de aceite de oliva
sal
Elaboración
1) Pelar e picar a cebolleta en dados. Limpar o porro e cortalo en aros finos e cortar o calabacín pola metade e despois en medias lúas.
2) Nunha tixola, quentar as 4 culleradas de aceite e agregar todas as verduras.
3) Tapar a tixola e deixar cociñar a lume medio durante 8 minutos.
4) Engadir o bote de fabas (escoadas), a salsa de tomate e un chisco de sal. Mesturar todo suavemente e servir.
Notas
Tamén se pode facer con fabas frescas. Nese caso, hai que poñelas a remollo a noite anterior e cocelas previamente.
Fonte
Receita orixinal: Carlos Arguiñano