Fabas verdinas con setas

Fabas verdinas

Chove no Gove e tamén chove na miña terra. Así que cando isto sucede, o corpo pídeme guisiños, caldiños e cousiñas ben quentiñas.

Por iso hoxe subo esta receita de fabas verdinas que está moi rica e reconforta comela nestes días que xa parecen de inverno.

As verdinas merqueinas en Asturias nunha viaxe que fixen este verán pero seguro que en tendas especializadas tamén se atopan.

Ahí vos deixo a receita.

Ingredientes

  • 500 gr de fabas verdinas
  • 200 gr de setas
  • 2 cebolas brancas
  • 1 porro
  • 2 dentes de allo
  • 1 pemento verde
  • 1 pataca mediana
  • 2 follas de loureiro
  • 1 vaso de perexil fresco
  • 60 ml de viño branco
  • Sal ao gusto e aceite de oliva

Elaboración

  1. Poñer as fabas a remollar en auga fría a noite antes.
  2. Ao día seguinte, poñer nunha pota as fabas escoadas, o porro, 1 cebola, a pataca, o pemento, os allos e as follas de loureiro. Cubrir con auga fría e poñer a ferver. Cando ferva agregar un chisco de sal.
  3. Deixar ferver durante unha hora aproximadamente a lume medio.
  4. Unha vez as fabas estean tenras, retirar as verduras e pasalas pola Thermomix ou pola batedora ata convertelas nun puré/salsa. Agregar este puré á pota coas verdinas e remexer.
  5. Paralelamente, nunha tixola cun chisco de aceite, fretir as setas cortadas en tiras finas acompañadas da outra cebola ben picada, a metade do vaso de perexil e o viño branco. Deixar que evapore o viño e tostar as setas ao gusto.
  6. Unha vez no punto desexado, agregar as setas á pota coas verdinas e deixar cocer todo xunto durante 5 minutos máis.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Eu usei gírgolas (pleurotus ostreatus) como seta pero queda tamén ben con níscalos.
  • Se tras agergar o puré queda moi denso, pódeselle engadir un pouco de auga quente apra que quede máis solta a salsa.
  • Esta é a alubia verdina.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: La olla vegetariana.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*