Ingredientes
100 gramos de fideos de fideuá
1 cucharada de alga arame (en seco), opcional
1 dente de allo
1 cebola tenra.
1 porro
1 cenoria
Un bote de garabanzos cocidos
500 ml de caldo de verduras
Aceite de oliva
Sal ao gusto
1) Saltear a cebola, o porro e a cenoria nunha tixola (todo pelado e troceado) xunto cun dente de allo pelado e cortado a láminas nun fondo de aceite.
2) Cando as verduras comecen a tomar cor, engadir o caldo vexetal, as algas rehidratadas e escoadas e os garabanzos cocidos.
3) Cando rompa a ferver, sazonar, engadir os fideos e deixar cocer a lume medio ata que o caldo se evapore e esteñan cocidos (8-10 minutos aproximadamente)
Notas
Tamén se pode facer con algas hiziki e queda moi ben.
Fonte
Receita orixinal: La dolce vita vegana