Focaccia de uvas e romero





Ingredientes

1 cullerada de cafe de levadura seca de panadeiro (5 g)
1 cullerada de café de sal (5g)
100 ml de auga tépeda
2 culleres de café de aceite de oliva (10 g)
160 g de fariña de forza
1 culler de café de romero (3 g)
150 g de queixo de cabra (opcional)
150 g de uvas negras sen pebidas

Elaboración

1) Mesturar a levadura e a auga nun bol e deixar reposar 10 minutos.

2) Engadir o sal, o aceite, a fariña e media culleriña de romero.

3) Amasar ata conseguir una masa suave e elástica.

4) Deixar unh recipiente pintado de aceite e tapado cun pano húmido para que levede (entre 1/30 e 2 horas). Pasado ese tempo, amasar lixeiramente e estender sobre papel de forno e deixar reposar novamente 30 minutos.

5) Quecer o forno a 200º, cortar as uvas pola metade e poñelas pola superficie.

6) Se se lle pon queixo de cabra, cortalo e poñelo por riba e espolvorexar co resto do romero e unas gotas de aceite.

7) Meter no forno 15 minutos ou ata que estea cruxinte.

Notas

Pódese usar para unha comida na praia, para acompañar unha ensalada ou para facer un entrante para unha cea.

Fonte

Receita orixinal: sabiduría popular

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*