Focaccia sen amasado

Para mega vagos e negados totais. Unha focaccia que non necesita nin amasado e que sae perfecta. Xuntar todo, gardar na neveira, sacar da neveira, meter no forno e listo. E aínda por riba conxela perfectamente. Nada máis que dicir.

Na foto ides ver que fixen metade con pesto e a outra metade con romeu e sal en escamas. A de pesto non me gustou moito e parecía que se churruscaba un pouco a salsa no forno. Quédome coa de romeu e sal.

Se a faces xa me contades polo whatsapp ou polo correo que me mola ver que variantes facedes… sobre todo ti mamá, que non sigues unha receita ao pé da letra nin que te esfolen :).

Ingredientes

  • 512 gr de fariña.
  • 10 gr de sal.
  • 8 gr de levadura seca de panadeiro.
  • 455 gr de auga.
  • Sal en escamas.
  • Romeu fresco

Elaboración

  1. Mesturar a fariña, o sal e a levadura primeiro e logo engadirlle a auga.
  2. Mesturar ata que quede todo ben unido.
  3. No mesmo bol, pintar ben con aceite a masa e tapala cun film de plástico.
  4. Gardar na neveira durante 18 horas (pode estar ata 72 sen problema ningún)
  5. Pasado o tempo, retirar a masa da neveira e transferila ao molde onde se vaia facer a focaccia (sen esquecer pintar ben o molde con aceite) .
  6. Deixar leudar durante dúas ou catro horas (segundo vaia moita ou pouca calor) .
  7. Pasado o tempo de leudado, ven o máis prestoso; meter as mans na masa :). Empapuzar ben as mans en aceite e Ir metendo os dedos como se quixesemos facer furados na masa. Sen medo que a masa recupera a forma.
  8. Logo, agregar as escamas de sal e o romeu ao gusto.
  9. E para o forno prequencido a 220º durante 25 minutos ou ata que se vexa ben dourada por todo.
Recomendacións
  • Non escatimar en aceite e usar un bo aceite de oliva.
  • Outros “toppings” poden ser aceitunas negras, tomatiños cherry ou cebola picada.
  • Se tes dúbidas, botalle un ollo á receita orixinial que a tipa currouse moito o post e ten fotos de todo o proceso :).
  • Podes conxelala cando arrefríe e tanto desconxelada no micro como a temperatura ambiente queda xenial.
Receita orixinal: Alexandra Cooks

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*