Ingredientes
Para uns 20 cadrados
70 gr de anacardos crudos
65 gr de avelás
12 gr de cacao en pó
10 gr de fariña de algarroba
30 ml de sirope de ágave ou mel
130 gr de dátiles sen oso
60 ml de auga
13 gr de aceite de coco
1 chisco de sal
Elaboración
1) Remollar os dátiles en 60 ml de auga durante 1 hora.
2) Derreter o aceite de coco ao baño maría.
3) Triturar os anacardos coas avelás ata obter unha fariña. Engadirlle o cacao, a fariña de algarroba, o sal e o sirpore de ágave ou mel e triturar.
4) Pouco a pouco ir engadindo os dátiles e seguir triturando ata obter unha mestura pegañenta.
5) Colocar a mestura sobre papel de forno e tapar con máis papel de forno. Alisar coa axuda do rodillo creando unha capa de 1cm de alto.
6) Meter no conxelador durante 1 hora. Para servir, sacar o fudge do conxelador, quitarlle o papel e cortalo en cadrados.
Notas
Esta receita saqueina do ebook do cociñeiro crudivegano David O´Reilly. Recomendo o libro encarecidamente xa que contén moitas receitas sinxelas para os non crudiveganos, moi ben explicadas e con ingredientes fáciles de atopar.
O fudge tense que servir ao momento. É dicir, hai que conservalo no conxelador ata o momento de servilo. Se se ten un tempo fóra do conxelador, ponse demasiado brando e case non se pode coller coas mans.
Consérvase no conxelador durante 1 mes.
Fonte
Receita orixinal: Ebook Postres y Dulces navideños de David O´Reilly
2 Comments