Fugazza

 


Ola que tal. Como cada vez sodes máis os que ides preguntando polas receitas do blog cando me vedes pola rúa, quería dicirvos que se preferides non estar pendentes de cando publico, podedes recibir as novas entradas por correo electrónico.

Para facelo só tedes que escribir o voso correo na caixa que aparece aquí ao lado, na dereita do blog que pon “recibir entradas no teu correo”.  Ao facelo, chégavos unha mensaxe ao correo para confirmar a subscripción, dádeslle a aceptar e de aí en diante, cada vez que publique unha nova receita, xa vos chega ao correo. Moi cómodo.

Ingredientes

1 kilo de fariña de trigo normal ou de forza
2 tazas de auga tépeda
20 gr de sal grosa
25 gr de levadura fresca (de panadería)
1 culler sopeira de azucre
1 kilo de cebola cortada en xuliana
aceite de oliva para engrasar
ourego
200 gr de mozarella
150 gr de panceta vegana

Elaboración

1) Desfacer a levadura nun bol e agregar dúas culleres sopeiras de fariña, o azucre e 4 culleres sopeiras de auga tépeda. Remexer e deixar reposar tapando cun film durante 15 minutos ata que forme un pouquiño de espuma.

2) Disolver o sal nas dúas tazas de auga.

3) Mesturar a levadura que deixamos a repousar co kilo de fariña, coa auga con sal e formar un bolo. Amasalo durante 10 minutos.

4) Deixar levedar a masa durante 45 minutos-unha hora.

5) Mentres cortar a cebola en xuliana e pasala 3 minutos por auga fervendo.

6) Unha vez levedada a masa, dividila en dúas partes e estiralas.

7) Pincelar con aceite unha fonte ampla e colocar sobre dela unha das metades estiradas da masa,

8) Por riba da masa colocar a panceta e a mozzarella.

9) Cubrir coa outra parte da masa e por riba colocar a cebola xa escoada. Presionar un pouco para que a cebola quede un pouquiño metida na masa.

10 ) Esparexer por riba con ourego e regar cun pouquiño de aceite.

11) Deixar repousar a masa durante 15 minutos tapada mentres quencemos o forno a 180 graos.

12) Meter a masa no formo durante 35 minutos. Os últimos 5 minutos pódeselle poñer o grill para que toste un pouco a cebola.

Notas

– A pacenta vegana pedímola por internet a Planeta Vegano. Ver.
– A mozzarella vegana, facémola ás veces na casa e outras mercámola. Ver.
– Con estas cantidades queda unha fugazza do tamaño dunha bandexa de forno.

Fonte

Receita orixinal: Dimensión vegana

 

2 Comments

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*