Gachas de avea chocolateadas


Estupendo como almorzo por todas as propiedades que ten a avea máis o gustiño que da comer algo de chocolate pola mañá.

Ingredientes

375 ml de leite de coco
125 ml de auga
80 gr de copos de avea grosos
4 culleres sopeiras de cacao en pó sen azucre
6 culleradas de azucre de coco
Para cubrir: fresas, plátanos, coco relado, fideos de choco, etc.

Elaboración

1)  Nunha pota poñer o leite de coco e máis a auga e poñelo ao lume máximo. Cando quenza pero sen que chegue a ferver, baixar a lume medio e incorporar a avea.

2) Tapar a pota e deixar cociñar durante uns 5 ou 10 minutos.

3) Afastar a pota do lume e incorporar o azucre e o cacao. Remover todo ata que quede ben mesturado.

4) Servir as gachas nun prato fondo e decorar por riba co que máis nos guste.

Notas

Insisto. Se non vos pasáchedes aínda polo blog de Danza de Fogones, tedes que facelo xa porque as súas receitas son excepcionais.

Na receita orixinal, Iosune adornou estas gachas con anacos de fresas e pepitas de chocolate.

A receita orixinal usaba 8 culleres sopeiras de azucre de coco e a min pareceume que quedaba moi doce, así que rebaixeille a 6.

Pódesde usar calquera outro endulzante (azucre normal, sipore de ágave, de arce, etc).

Tamén admite ben outros tipos de leites vexetais, pero se levan algo de azucre, haberá que reducir a cantidade de azucre que incorporamos a maiores. 

O cacao tamén se pode reemplazar por fariña de algarroba.

Fonte

Receita orixinal: Danza de Fogones

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*