Galletas de avea tipo “Digestive”

Galletas de avea

Ao meu outro cachiño sábenlle bastante as galletas de avea, así que sempre ando buscando novas receitas para probar novas ideas e ver se consigo que queden máis cruxintes, ou máis saborosas ou se aguanten máis no tupper. Por iso cando atopei esta receita do blogue Begin, vegan, begun, non me puiden resistir a probalas; iso si, facendo algunhas pequenas adaptacións.

O blog de Begin, vegan, begun é unha fantástica fonte de inspiración para comer vegano e saudable. Ten incluso unha app para o móbil que se pode descargar dende a Apple Store ou dende Google Play. Así resulta moi sinxelo facer algunhas búsquedas para atopar un primeiro plato, un postre ou calquera outra cousa que precisemos. Recoméndoa totalmente.

Así que, dentro receita.

Ingredientes

  • 125 ml de aceite de oliva
  • 1 iogur de soia
  • 1 limón en zume
  • reladura de 1 limón
  • 125 gr de azucre de coco ou moreno
  • 75 gr de avea
  • 165 gr de fariña integral ou normal
  • 50 gr de Corn Flakes
  • 40 gr de coco en pó

Elaboración

  1. Nun bol mesturar a avea, a reladura de limón, a fariña, os Corn Flakes (machucados), o azucre e o coco en pó.
  2. Noutro bol mesturar os ingredientes líquidos: aceite, iogur e zume de limón. Bater con unhas varillas e incorporar á mestura de ingredientes secos.
  3. Mesturar todo ben ata que quede unha masa bastante pegañenta.
  4. Cubrir unha bandexa con papel de forno e darlle forma ás galletas.
  5. Meter no forno prequencido a 180 graos durante 15 minutos aproximadamente.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Eu usei fariña integral pero pasándooa polo colador para retirarlle o máis gordo.
  • A algunhas púxenlles uns poucos de fideos de chocolote por riba antes de ir ao forno.
  • Hai que facelas bastante finas porque senón non quedan moi cruxintes.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Begin, vegan, begun.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*