Non adoito mercar leite vexetal xa que o fago habitualmente na casa coa Thermomix. O mesmo procedemento que sigo cando fago o leite de avea, é o que fago co leite de améndoas. E claro, sempre me sobra a polpa da améndoa e como ese froito seco vai a prezo de ouro dabame moita pena tirar coa polpa que ao mellor eran uns 10 € jajaja. Así que púxenme a buscar receitas para reciclar a polpa do leite de améndoas e atopei esta receita que máis sinxela non pode ser.
Teño que probar a cambiarlle o azucre por un sirope de dátiles caseiro, pero aínda non tiven tempo.
A fariña de avea é simplemente avea grosa moída na Thermomix.
Quedan moi ricas e dentro do que cabe non son tan malas como as mercadas. Aguantanse ben conservadas nun tarro de cristal durante varios días.
Deixovos coa receita.
Ingredientes
- 1 taza e media de polpa de améndoas
- 1 taza e 1/3 de fariña de avea
- 1/2 taza de azucre
- 1/4 de culler de postre de bicarbonato
- 1/4 de culler de postre de canela en pó
- 4 culleres sopeiras de aceite de coco derretido
Elaboración
- Mesturar todos os ingredientes nun bol ata que teña consistencia de pasta e estea todo ben integrado.
- Prequencer o forno a 180 graos.
- Forrar con papel de forno unha bandexa e facer boliñas do tamaño dunha noz grande e aplastalas para que queden con forma de galleta.
- Espolvorexar con améndas moídas ao gusto.
- Meter no forno durante 20-30 minutos ou ata que estean ben douradas.
- Retirar e deixar repousar sobre unha rella e gardar nun bote de cristal ben pechado.
- Na masa podense agregar pasas pequenas ou pebidas de chocolate.
- Podense facer coa polpa de calquera outro leite vexetal.
- As miñas fíxenas do tamaño dunha moeda de dous euros e saíron 30.