Galletas salgadas de queixo

Galletas salgadas de queixo

Hoxe tocou galletas pero non tiña gana de rollos, así que atopei esta de Adoree Food que ten cero complexidade porque só é mesturar primeiro os sólidos e logo os líquidos e tachán, xa tes unhas galletiñas ben xeitosas.

O punto a favor destas en concreto é que teñen o suficiente bo sabor como para que queiras comelas pero sen aportar un gusto brutal que che leve ao descontrol de comer cincocentas dunha sentada. Teñen o equilibrio xusto entre ricas e sanas.

Ahí vai a receita.

Ingredientes

  • 75 gr de fariña de garabanzos
  • 50 gr de fariña de trigo
  • 30 gr de queixo parmesano relado
  • 1/2 culler de postre de levadura química (Royal)
  • 20 gr de sementes de sesamo
  • 35 ml de aceite de oliva
  • 60 ml de auga
  • 1/2 culler de postre de sal
  • 1/2 culler de postre de azucre

Elaboración

  1. Mesturar todos os ingredientes secos nun bol (as dúas fariñas, o queixo relado, as sementes, a levadura, o sal e o azucre).
  2. Agregarlle os ingredientes líquidos (aceite de oliva e auga)
  3. Mesturar todo ben cuna espátula ata que quede unha masa compacta.
  4. Deixar reposar o bol tapado na neveira durante 30 minutos.
  5. Prequencer o forno a 180 graos e mentres usar dous papeis de forno para estender a masa
  6. Deixar a masa cun grosor de 5 mm e usar un cortapastar para ir dando forna ás galletas. Colocar os rectortes nunha bandexa para forno sobre papel de forno e cun tenedor facerlle unhas marcas a cada galleta na superficie.
  7. Deixar no forno por 12 minutos, sacalas e agardar a que se poñan frías para que queden cruxintes.
Recomendacións
  • Eu probei a deixar a masa dun día para outro na neveira e perfecto.
  • Se a masa queda demasiado pegañenta, podese agregar máis fariña de garabanzo que conservará o toque cruxinte.
  • Pódeselle engadir un pouco de ourego ou alfábega en pó á masa para saborizar.
  • Con estas medidas saen máis ou menos unhas 40 galletas.
Receita orixinal: Adoree Food

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*