Gofres de avea

Gofre de avea

Ás veces para almorzar quero algo goloso e vistoso que me recorde a un almorzo de bar ou de hotel. Por iso sempre teño a man esta sixela receita de gofres caseiros feitos con fariña de avea que quedan estupendos e cumpren co obxectivo.

Non levan manteiga nin azucre branco, así que, aínda que non son para comer todos os días (levan sirope de ágave e hai que lembrar que iso tamén conta como un azucre), son unha fantástica opción para darnos un capricho de cando en cando.

Aquí vos deixo unha foto de cómo os decoro eu.

Gofre de avea decorado

Ingredientes

  • 2 tazas de avea gorda
  • 1 taza e media de auga
  • 2 culleres sopeiras de sirope de ágave
  • 1/2 culler de postre de sal
  • 1 culler de postre de canela
  • Un chisco de xenxibre en pó

Elaboración

  1. Poñer no vaso da Thermomix a avea, a auga, o sirope, o sal, a canela e o xenxibre. Triturar todo programando 30 segundos, velocidade 8. Deixar reposar esta mestura 15 minutos.
  2. Pintar a gofrera cun pouco de aceite. Poñela a quencer e cando estea lista, verter tres culleres sopeiras da mestura no centro da gofrera. Pechala e agardar 3 minutos co selector de temperatura ao 4.
  3. Retirar o gofre da gofrera e poñerlle por riba foitas, froitos secos, marmelada, mel; etc.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Se tras deixar reposar a mestura 15 minutos queda moi espesa, pódeselle botar un pouco máis de auga.
  • A avea ten glute e non sirve para os celíacos. Hai ue buscar unha avea especial que non ten glute.
  • Se non hai gofrera podense facer tipo tortiñas na tixola.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Dimensión vegana.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*