200 gr de copos de avea gordos
75 gr de améndoas
75 gr de noces
75 gr de dátiles
75 gr de mango deshidratado
3 culleres sopeiras de sementes de sésamo
2 culleres de postre de canela en pó
200 gr de sirope de ágave ou mel
2 culleres sopeiras de aceite de coco
2 culleres de postre de vainilla en pasta
2 culleres sopeiras de auga
Elaboración
1) Prequencer o forno a 160 graos.
2) Picar as améndoas, as noces, os dátiles, as sementes de sésamo e a canela en pó e poñer nun bol. Agregar a avea.
3) Nun cazo quencer o sirope/mel, o aceite de coco, o extracto de vainilla e a auga. Remover e deixar a lume lento ata que se derreta o aceite de coco.
4) Agregar os ingredientes líquidos sobre os sólidos e remexer ben.
5) Forrar con papel de forno unha bandexa e colocar sobre dela a granola ben repartida.
6) Meter no forno durante 25 minutos. Aos dez minutos, abrir e remexer. Repetir aos 20 minutos.
7) Deixar arrefriar por completo ante de gardar. Conservar nun bote de cristal hermético.
Notas
Moi rica para tomar no almorzo con iogur caseiro ou leite vexetal.
O sirope de ágave dalle un toque peculiar, así que se non tes costume de usalo, ponlle mellor mel.
Fonte
Receita orixinal: Danza de Fogones
Granola con mango deshidratado |