Guacamole con nachos

Ingredientes

Para o guacamole para 4oo gr

60 g de cebolleta
100 g de tomate maduro
1 ramiña de cilantro
1 pemento jalapeño ou 1 culler de postre de tabasco verde (suave)
50 g de aceite de oliva
Zume de  media lima
2 aguacates maduros
1/2 culler de postre de sal

Para os nachos para 4 persoas

200 g de maíz doce cocido
400 g de fariña de maíz integral
100 ml de auga
1/2 culler de café de sal
Un chisco de pementa negra



Elaboración

Para os nachos

1) Amasar na Thermomix todos os ingredientes (auga, máiz , fariña, pementa e sal) 10 segundos a velocidade 4.

2) Pasar a unha superficie con fariña de máiz e amasar a man un pouco máis. Formas unha bola e deixala repousar uns minutos.

3) Estirar a masa ata deixala moi fina (1mm máis ou menos).

4) Freír en aceite de xirasol ata que queden dourados e poñelos sobre papel de cociña.

Para o guacamole

1) Poñer todos os ingredientes no vaso na orde na que aparecen na sección de ingredientes e triturar 15 segundos a velocidade 4.

2) Servir acompañado dos nachos.

Notas

Engadín un pouco máis de auga á mestura de máiz e resteille un pouco de sal ao guacamole para adaptalo ao noso gusto.

Fonte

Receita orixinal: Directo al paladar e Receitario Thermomix

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*