Guarnición de lombarda


O outro día quedeime de pedra cando falando cunha amiga me comentou que nunca comera col lombarda. Eu úsoa moito porque queda moi vistosa con ese color que ten. No verán fágoa moito crúa en ensaladas. Dalles unha graza especial.

Asi que, para que a miña amiga se lance a comer lombarda, aquí traigo esta receita que é un acompañamento clásico. Eu fágoo moitas veces para acompañar unha tortilla francesa ou uns filetes vexetais de seitán á prancha. 
 

Ingredientes
(para 6 racións)

100 gr de pasas sen pebidas
700 gr de col lombarda limpa e sen troncos
2 dentes de allo grandes
50 gr de aceite de oliva
2 mazás golden peladas e cortadas en anacos
150 gr de auga
1 culler de poste de sal
1 chisco de pementa negra

Elaboración

1) Trocear un pouco a lombarda e metela no vaso da Thermomix. Trocear 4 segundos a velocidade 4. Parar, remexer coa espátula e volvelo facer. Retirar a un bol e reservar.

2) No vaso, poñer os allos fileteados, o aceite, as mazás en anacos e as pasas. Sofritir 5 minutos, varoma, xiro á esquerda, velocidade cuchara.

3) Engadir a auga, a lombarda, o sal e a pementa. Programar 15 minutos, varoma, xiro á esquerda, velocidade cuchara.

Notas

Pódese facer a metdade de cantidade reducindo todos os ingredientes á metade. A receita sae perfecta igualmente.

Fonte

Receita orixinal: Libro imprescindibles de Thermomix

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*