Cando comía carne, facíamos moito este plato con polo á laranxa. Gustabame moito pingas o pan na salsa. Así que recuperei a receita para facela con proteína vexetal. Neste caso con Heura, que é unha das que os nutricionistas especializados valoran como saudable entre este tipo de produtos.
Aquí comparto a receita da miña casa.
Ingredientes
- 300 gr de Heura
- 4 laranxas
- 2 limóns
- 1 cebola mediana
- 2 allos
- Perexil e sal
Elaboración
- Nunha tixola fritir o heura agregando o perexil e sal ao gusto.
- Retirar o Heura e agregar un pouco máis de aceite se non quedou tras fritir o Heura. Pochar a cebola ben picadiña ata que estea transparente.
- Agregar o zume de laranxa, o do limón e o Heura.
- Deixar reducir a lume lento uns 10 a 15 minutos e servir.
Recomendacións
- Para acompañar vaille moi ben arroz integral cocido ou polenta.
- Se che gusta o Heura cruxinte, entón non o agregues ata que a salsa xa estea reducida.
- Heura é un produto de Heura Foods totalmente vexetal e cunha clasificación dentro dos procesados de saudable.
Receita orixinal da miña casa