Noodles con verduras

Ingredientes

1 culler sopeira de aceite de oliva
100 gr de cebola
100 gr de pemento vermello
100 gr de pemento verde
100 de cenoria
1 culler de postre de xenxibre en pó
4 culleres sopeiras de salsa de soia
65 ml de auga
300 gr de noodles ou fideos udon

Elaboración

1)Poñer o aceite no wok e cando estea ben quente engadir as verduras cortadas en xuliana, o xenxibre en pó, dúas culleres sopeiras de salsa de soia e a auga. Deixar cocer a lume forte durante uns 5 minutos ou ata que estean ao dente.

2) Aparte, cocer os fideos. Cando estean cocidos, incorporalos ao wok e engadir 2 culleres sopeiras máis de soia. Remover e deixar cociñar durante uns 2 minutos.

3) Servir quentes.

Notas


Increíbles receitas as que teñen estos rapaces de Danza de Fogones. Non me canso de facelas, son todas fantásticas. Pasádevos polo seu blog.



Fonte

Receita orixinal: Danza de Fogones

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*