1 litro de leite de soia
1 culler de postre de agar agar
1 iogur de soia ou fermento para facer iogur
Elaboración
1) Poñer o litro de leite nunha pota e agregar o agar agar. Remover ata que quede todo disolto e ben integrado. Se se quere engadir un enzulzante pódese facer neste paso.
2) Poñer a pota ao lume e quentar sen que rompa a fever.
3) Retiar a pota do lume e deixar que arrefríe ata os 40-50 graos. Meter un dedo no leite e se está quente pero non queima xa estará lista.
4) Agregar o fermento ou o iogur e remover ben.
5) Repartir o líquido nos vasos da iogurteira e programar 9 horas.
6) Sacar da iogurtera e meter na neveira un par de horas antes de consumir.
Notas
Eu uso o fermento Avogel. En Ortigueira pódese pedir tamén na herboristería Marem (centro de fisioterapia, na estrada xeral).
Os botes nos que se garde o iogur teñen que ser de cristal.
Tamén se pode facer quentando o forno a 50 graos, apagándoo e metendo dentro os tarros de iogur durante 8 horas co forno para reemplazar a iogurtera.
Eu non endulzo o iogur porque así despois cada un bótalle mel ou sirope de ágave ao gusto.
Para repetir unha segunda tanda de iogures, hai que deixar un iogur sen comer e ese é o que empregaremos para facer a nova tanda de iogures.
Esta é a iogurteira que uso eu.
Fonte
Receita orixinal: Danza de Fogones