No blogue xa teño outra receita de iogur de soia caseiro, pero dábame un pouco de traballo ter que quencer o leite nunha pota, ter o prefermento, deixar logo que arrefriase todo… en fin, que como son un pouco vagolas e “fuguillas”, andaba á procura dunha receita máis sinxela.
E velaquí a está: a perfección en materia de iogur vexetal caseiro sen apenas esforzo e sen manchar prácticamente nada de nada.
Xa sabía eu que tiña que existir un xeito “vagolas” de facer este tipo de iogures caseiros. Grazas ao ceo que atopei a recita de Velocidad Cuchara e se me ocorreu probala con todos os ingredientes vexetais. Un exitazo. Este iogur teno todo: cremosidade, textura, consistencia e sabor. Qué máis se lle pode pedir a un iogur vexetal???? Ah, si!: por suposto este postre é “cruelty free” como din no Instagram, ou “sen crueldade animal” como dicimos os de aquí.
A polo iogur.
Ingredientes
- 1 litro de leite de soia
- 125 gr de iogur de soia natural (sen azucarar)
- 50 gr de leite de soia en pó
Elaboración
- Incorporar todos os ingredientes á Thermomix e mesturar 10 segundos a velocidade 3.
- Logo programar 5 minutos a 50 graos, velocidade 1.
- Encher os vasos de iogur de cristal e colocar na iogurteira durante 12 horas.
- Pasadas as 12 horas, introducir os iogures no refixerador.
- Pódese empregar unha culler de postre de agar agar en pó para reemplazar o leite en pó de soia.
- Tamén se pode facer con fermentos lácticos en troques de con outro iogur xa elaborado.
- A iogurteira pódese reemplazar por deixar o iogur nun tarro tapado sobre a calefacción apagada durante 12 horas. Que quede ao quentiño e tamén quedará feito o iogur. Ou no forno a 50 graos.