Ingredientes
Placas de lasaña
500 g de brócoli
1 cullerada sopeira de piñóns
150 g de setas de cardo
1 cenoria
1 cebola
1 culler de café de fariña
300 ml de caldo de verduras
100 g de queixo Roquefort
150 ml de leite de soia
50 g de queixo parmesano en pó
sal e pementa
aceite de oliva
Elaboración
1) Cocer a pasta e estendela sobre un pano de cociña para que absorva a humidade.
2) Freír os piñons nunha tixola e agregarlle o brócoli previamente cocido e escoado.
3) Picar a cebola e dourala nunha tixola cun chisco de aceite.
4) Cando a cebola estea transparente, engadir a cenoria cortada en dados e telo na tixola durante 5 minutos.
5) Agregar as setas limpas e troceadas e freílas uns minutos máis. Elpolvorexar coa fariña e verter o caldo de verduras.
6) Cocer a lume suave ata que a sala espese e triturar todo coa batedora. Pasar a mestura por un chino ou por un escoador e repartir como base na fornte na que serviremos a lasaña.
7) Colocar enriba da mestura unha placa de lasaña e cubrila co brócoli. Tapar cou outra capa de lasaña.
8) Fundir o queixo Roquefort nuha tixola co leite de soia e cun chisco de pementa. Vertelo sobre a lasaña e espolvorexar con queixo. Gratinar no forno e servir.
Notas
Leva algo de tempo, así que mellor deixalo preparado do día anterior. O día da comida facer a crema de Roquefort, meter ao forno e quedará como recén feito.
Fonte
Receita orixinal: Revista Cocina Vegetariana, nº 32, páx 36.