Neste 2016 quero comezar a publicar algunhas receitas en vídeo para que queden máis claras e para que se vexa o fáciles que son. E sobre todo para que un que eu me sei… Non lle dea por saírse do guión e facer algunha das súas cando faga a comida :).
O vídeo é unha cutrada, xa o sei. Pero tiña que comezar algún día e hoxe foi o elixido. Irei millorando a calidade da gravación, o guión e todo o demais nos próximos meses. Entretanto, tede piedade de min :).
Agardo que vos animedes a facer o voso propio leite caseiro porque é moi sinxelo, aforraredes cartos e saberedes cun pouco máis de certeza que é o que estades a comer.
Ingredientes
- 120 gr de améndoas peladas e crúas.
- 80 gr de mel
- 1 culler de postre de vainilla en pó ou en pasta.
- 1 culler sopeira de aceite de xirasol.
- 1500 gr de auga mineral.
Elaboración
- Verter no vaso da Thermomix todos os ingredientes.
- Programar 10 minutos, 90 graos, velocidade 6.
- Filtrar a bebida cunha muselina e apretar ben para que saia todo o líquido.
- Manter na neveira.
- Quente para o almorzo con avea está delicioso.
- Pódeselle botar sirope de ágave en lugar do mel (uns 50 gr).