Lentellas con hortalizas e mazás

Foto de lentellas con mazá

Tiña esta receita pendente de publicar e pouco lle teño que engadir: lentellas e mazá, combinación perfecta.

Dentro receita.

Ingredientes

  • 400 gr de lentellas cocidas
  • 1 limón
  • 1 tomate
  • 100 gr de queixo feta
  • 50 gr de aceitunas verdes
  • 1 cenoria
  • 1 mazá
  • 1/2 pemento vermello
  • 1/2 pemento verde
  • 80 gr de maíz doce
  • 4 tallos de cebollino
  • Aceite e sal ao gusto

Elaboración

  1. Relar a pel do limón e exprimilo. Verter a metade do zume nunha cunca.
  2. Nun bol xuntar a reladura de limón, 100 gr de aceite de oliva, unha area de sal e bater ata que a mestura quede ben emulsionada.
  3. Desmenuzar o queixo e partir as aceitunas en aros.
  4. Cortar as cenorias e os pementos en dados pequenos.
  5. Poñer as lentellas nunha fonte e mesturalas co maíz Agregar o resto de ingredientes e remexer.
  6. Pelar a mazá e cortala en láminas ou en dados e regalas co zume de limón que tiñamos reservado.
  7. Aliñar a ensalada coa salsa e decorala cos anacos de mazá e o cebollino.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Podese facer tamén con aceitunas negras.
  • Sírvese frío.
  • As mazás cortadas moi finas en lonchas quedan moi ben.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Unha revista de cociña que tiña mina nai.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*