Magdalenas de cenoria

Magdalenas

Bueno bueno bueno, xa facía tempo que non se vían pola miña casa magdalenas con este aporte calórico e tan insalubres, pero que se lle vai facer; os clásicos sempre regresan. Estas magdalenas aprendín a facelas fai varios anos nun taller presencial que fixemos en Coruña cunha rapaza estupenda. E sicneiramente creo que, a pesares de ser a antíteis de algo saudable, son as máis ricas que teño probado ata a datae polo menos levan 225 gramos de cenorias!!!

Estas son as boquillas que eu uso para facerlles a decoración en forma de flor, pero podese escoller entre unha gran variedade de formas.

Así que, sen que sirva de excepción, aquí engado a este recetario meu online esta receita que non quero que quede no esquecemento.

En serio, probadeas; estas magdalenas de cenoria son fantásticas e consérvanse moi ben na neveira por se as queredes preparar con antelación a unha festividade.

Ingredientes

    • 225 gr de cenoria pelada e relada/li>
    • 1 culler sopeira de xenxibre fresco relado
    • 40 ml de buttermil 8Leite callado cunha cullre de vinagre)
    • 2 ovos
    • 1/2 culler de postre de esencia de vainilla
    • 175 ml de aceite de oliva
    • 210 gr de azucre moreno ou branco
    • 240 gr de fariña normal de todo uso
    • 1 culler de postre de levadura en pó Royal
    • 1/2 culler de postre de bicarbonato
    • 1/2 culler de postre de sal
    • 1/2 culler de postre de canela en pó
    • 1/2 culler de postre de xenxibre en pó

Para a cobertura:

  • 400 gr de queixo Philadelphia.
  • 100 gr de azucre glas.
  • media culler de aroma de vainilla

Elaboración

  1. Prequencer o forno a 170 graos.
  2. Nun vaso verter o leite e agregarle o vinagre sen remexer; deixar ata que se corte o leite. Esto é o buttermilk caseiro.
  3. Nun bol mesturar as cenorias reladas, o xenxibre fresco, os ovos, a vainilla, o aceite, o azucre e o buttermilk. Pódese mesturar con velocidade 3 na Thermomix durante 1 minuto.
  4. Noutro bol tamizar a fariña, a levadura en pó, o bicarbonato, a sal, as especies e mesturar ben. Incorporar esta mestura á mestura líquida e remexer ben.
  5. Encher os moldes de magdalenas ata case o borde (deixar 1 centímetro ata o borde do papel de magdalena) e meter no forno 20 minutos a 170 graos con calor arriba e abaixo.
Recomendacións
  • Podenselle agregar taménnoces moi picadiñas á mestura.
  • Eu uso un molde para meter os papeis das magdalenas.
  • Para decorar podese espolvorexar canela, facer migas con parte do copee, ou recortar siluetas cun cortapastas.
Receita orixinal: La cocina de Tarta de fresa
Magdalenas
Exemplo decorado con dúas cores: branca e laranxa (tinguido con colorante en pasta)

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*