Ingredientes
200 g de fariña integral moi fina
1 sobre de levadura Royal
1 culler de postre de sal
120 g de azucre integral de caña
2 ovos
200 ml de aceite de xirasol
250 g de remolachas crudas peladas e reladas
60 g de chocolate relado fino (70% de cacao)
Elaboración
1) Nun bol, poñer a fariña tamizada, a levadura, o sal e o azucre integral.
2) Noutro bol bater os ovos co aceite.
3) Engadir aos ovos e ao aceite a remolacha relada.
4) Unha vez mesturado todo, incorporar o cholocate relado moi fino.
5) Unir os ingredientes secos cos húmidos.
6) Encher as cápsulas de magdalenas (non máis de 3/4 partes)
7) Meter no forno, prequencido a 180 º durante uns 15 ou 20 minutos.
Notas
Están moi boas e sorprenden polo seu sabor. Se as remolachas son da casa, ollo! poden ser moi bravas.
Fonte
Receita orixinal: Revista Cocina Vegetariana, número 14, páx 64.