Ingredientes
Para unhas 12 unidades
2 culleres de postre e 1/4 de levadura de panadería (vale tanto fresca como en pó)
1/4 de taza de auga tépeda (37-43ºC)
1/2 taza de leite de soia tépeda (37-43ºC)
1 cullerada sopeira de azucre
2 tazas de fariña de forza
1/2 culler de café de sal
4 culleradas sopeiras de margarina vexetal a temperatura ambiente (+ 1 cullerada máis para pincelar as mediaslúas)
Elaboración
1) Poñer nun bol a levadura, a auga, o leite de soia e o azucre e mesturar. Deixar repousar 5 minutos.
2) Engade a fariña, o sal e mesturar.
3) Engadir a margarina á masa e amasar constantemente.
4) Sacar a masa a unha superficie enfariñada e amasar durante 2 minutos. Ten que quedar unha masa húmida e elástica. Pasar a masa a un bol e deixar levedar 45 minutos.
5) Volver pasar a masa a unha superficie enfariñada e presionar a masa coas mans para darlle forma de círculo e finalizar estirando cun rodillo ata formar un círculo homoxéneo e liso duns 25-26 cm de diámetro.
6) Cortar a masa en 12 triángulos, como se fose unha pizza.
7) Enroscar cada triángulo empezando pola parte ancha e rematando pola punta. Unha vez enroscados, curvar lixeiramente o rolo cara adentro (con forma de media lúa) e colocar nunha bandexa de forno con bastante separación entre cada media lúa.
8) Prequencer o forno a 205 graos e cubrir as medias lúas cun pano e deixar que crezan durante 20 minutos.
9) Meter no forno durante 14 – 18 minutos. Sacalas cando a superficie estea dourada.
10) Coas medias lúas aínda templadas, pincelar con 1 cullerada de margarina vexetal derretida. Cando arrefríen de todo, tamén se poden pincelar cunha capa de azucre glas con auga.
Notas
Para que saian 12 medias lúas, cortar a masa en cruz e cada un dos catro triángulos grandes en 3 partes.
Tamén se poden bañar as media lúas en chocolate unha vez frías: fundir 80 g de chocolate con 15 g de leite de soia e cunha cullerada sopeira de azucre glas. Deixar
que se solidifique sobre papel para forno (e preferiblemente sobre unha
superficie lisa e fría como unha encimeira de mármore).
Fonte
Receita orixinal: CreatiVegan